martes, 22 de abril de 2014

GRAVACIÓN DE SON

1. Dixitalización do son
Posto que o son se transmite por ondas analóxicas, o ordenador non é capaz de traballar con el. Ese é o motivo polo que un ordenador ha de converter o sinal analóxico dos sons en sinal dixital, proceso que se denomina dixitalización do son. E este proceso repítese en sentido contrario cando é o ordenador o que ha de xerar son para que se oian mediante uns altofalantes, cascos musicais...
A dixitalización dun son supón tomar mostras do sinal sonoro (mostraxe) cada certo tempo (frecuencia de mostraxe) e medir a intensidade do sinal analóxico (I). Cantas máis veces se mida o sinal sonoro por segundo (frecuencia de mostraxe alta), e canto maior sexa o rango para medir a intensidade (maior número de bits para ter máis valores), mellor calidade terá o son dixitalizado e máis parecerase ao son real.

2. Formatos de son
Cando se dixitaliza o son, a información ha de ser gardada en arquivos nalgúns dos formatos de audio existentes. A continuación detállanse algúns dos formatos de audio máis utilizados.
WAV. É o formato estándar; nestes arquivos almacénanse sons reais en forma dixital.
MIDI. Nestes arquivos non se gardan sons reais, senón ordes para que un sintetizador musical xere a música. Ocupan bastante menos espazo que os arquivos de son real, aínda que teñen peor calidade.
MPS. Son análogos aos WAV, aínda que almacenan o son real comprimido, polo que ocupan bastante menos espazo, con pouca perda de calidade.
OGG. Formato de audio comprimido de gran calidade e sen limitacións de distribución, posto que está baseado na licenza pública xeral de GNU.
WMA. Estes son os arquivos de audio do reprodutor de Windows Media que veñen incorporados a Windows; son arquivos comprimidos con boa calidade de son. Teñen a particularidade de escoitarse a medida que se van recibindo os ficheiros, algo fundamental para internet.
Real Audio. É un formato moi utilizado en internet, xa que a súa principal característica é que se vai reproducindo a medida que se le. en tempo real.
MP3. O formato MP3, polo seu extraordinario grao de compresión e alta calidade está practicamente a monopolizar o mundo do audio dixital. É ideal para publicar audios na web xa que se pode escoitar dende a maioría de reprodutores. Presentan unha mínima perda de calidade.

3. Gravacións
Música
Audacity é unha aplicación que permite gravar, editar e gardar os arquivos de audio dende varias fontes diferentes e en distintos formatos. Está dispoñible para Windows e Linux.


Voz
Pódese utilizar o Gravador de son que inclúe o sistema operativo. Esta utilidade adoita estar incluída en todos os programas de edición de son e vídeo.


Hai que enchufar o micrófono na entrada correspondente da tarxeta de son e pulsar sobre o botón "gravar" para realizar a gravación.

CD de audio
Para extraer a música dun CD de audio haberá que recorrer a programas específicos de extracción de audio dixital coñecidos como ripeadores.
En Windows, o Reprodutor de Windows Media ofrece a posibilidade de copiar cancións no disco duro con formato WMA ou MP3.


Tarxeta de son
Entrada de liña de audio. Permite introducir, ao ordenador, son dun aparato externo: unha radio, unha cadea de música...
Porto MIDI/joystick. Permite introducir son directamente dende un instrumento musical ou conectar un joystick para xogos.
Entrada de micrófono. Permite introducir son do exterior: voz, música...
Saída para altofalantes ou cascos. Permite conectar eses dispositivos para escoitar os distintos sons.
Saída de audio. Envía o son a un amplificador ou gravador externo.

martes, 1 de abril de 2014

MENINAS






TRRANSFORMACIÓN
RESULTADO
REFLECTIR E CORTAR
reflectir o cadro horizontalmente e recortalo ata eliminar ao pintor e o teito do cuarto



RECONSTRUIR ZONAS BORRADAS
utiliza a ferramenta de clonación para para quitar o can da escena e simular o contido que habería na súa posición


COLOREAR UN DETALLE
recortar o vestido da infanta margarida e pégao nunha nova capa. utiliza os niveis de cor para colorealo azul


CENTRAR A ATENCIÓN
selecciona os personaxes do primeiro plano, cópiaos nunha nova capa e faino non visible. desenfoca o fondo e volve deixar visible a primeira capa creada.


CAMBIO DE ESTILO PICTÓRICO
aplica algún dos filtros artísticos para converter o cadro á técnica de pintura ao óleo, ao cubismo ou ao impresionismo.


PERSONALIZAR A OBRA
dá o teu toque artístico ao cadro modificándoo ao teu criterio, por exemplo, debuxando algún detalle, engadindo novos personaxes, cambiando cores, inserindo texto, etc.