viernes, 24 de enero de 2014

2 creacion de redes locais

Dispositivos de interconexión
Os dispositivos necesarios para poder interconectar todos os equipos, formando unha rede de área local, que variarán en función das características da rede. Os máis comúns son:
 1. Tarxetas de rede. Cada un dos equipos debe ter instalada unha tarxeta de rede. As tarxetas poden ser:
-Ethernet. Utilizan un conector RJ-45, parecido ao do teléfono, que é onde irá conectado o cable.
-WiFi. Son tarxetas inarámicas que permiten conectar o ordenador á rede a través de ondas. Pódese utilizar a de calquera fabricante sempre que cumpra os estándares.
Os portátiles, normalmente, veñen equipados con ambas.
TARXETAS DE REDE
 2. Concentradores. Son os dispositivos que conectan os cables que proceden de cada equipo. Para iso dispoñen de portos con conectores RJ-45. Poden ser:
-Hub. É o máis básico e utilízase para redes pequenas. Os datos que lle chegan son enviados a todos os equipos da rede. O ordenador destinatario recibe a información e o resto omítena.
-Switch. Realiza a mesma función que un hub pero de forma "intelixente", xa que soamente envía os datos ao equipo destinatario.
CONCENTRADOR
 3. Puntos de acceso. Teñen a mesma funcionalidade que os hubs ou switchs, pero substitúen os cables por ondas.
 4. Router. É máis avanzado que un concentrador e permite xestionar direccións IP, conectar distintas redes entre sí, establecer a conexión a Internet, etc. Se o router é inarámico é posible conectarse directamente aos equipos sen necesidade de concentradores ou cableado.
5. Cables de rede. Aínda que existen varios tipos, o máis utilizado en redes locais é o par trenzado. Trátase dun cable formado internamente por oito fíos condutores que se atopan trenzados de dous en dous para apantallalo contra interferencias.
Cando se trata de redes con requirimentos de altas velocidades recúrrese a cable e dispositivos de fibra óptica. Encarece a montaxe dunha rede pero as prestacións son moi altas.

Instalación e configuración de dispositivos
A instalación e configuración de dispositivos de interconexión é moi sinxela. Algunhas nocións básicas son:
1. Tarxetas de rede. Retirar a carcasa do equipo e conectar a tarxeta nunha das ranuras de expansión dispoñibles. É necesario instalar os drivers da tarxeta no equipo; para iso, teremos que seguir os pasos que facilita o proveedor utilizando o disco de instalación.
2. Concentradores. Non requiren configuración e basta con conectalos á corrente eléctrica para que realicen a súa función.
3. Puntos de acceso. Simplemente deben estar conectados, cun cable, ao router ou a outro concentrador.
4. Router. Debe ser configurado cos parámetros do proveedor de internet. Normalmente ven configurado para comenzar a funcionar. Se é inarámico é conveniente asegurarse de que a rede inarámica teña seguridade habilitada para impedir que outros ususarios teñan acceso.
ROUTER
5. Cableado. Un extremo conéctase á tarxeta de rede do equipo e o outro ao concentrador ou router. Hai que ter certas precaucións na súa instalación como non dobrar o cable, non fixalo á parede cun material que poida danalo, etc.

Conexión dos compoñentes
Actualmente a maioría das redes están organizadas en torno a un punto central que interconecta os dispositivos que a compoñen. Esta estructura coñécese como topoloxía en estrela e caracterízase por conectar todos os equipos a un concentrador.
Un dos equipos desta rede pode actuar como servidor de impresión, servidor de correo, etc.
Para que a rede teña conexión a internet, soamente hai que conectar o concentrador a un router conectado a internet. Isto convirte esta rede de área local nunha intranet.
Para crear subredes ou ampliar redes é posible conectar concentradores entre sí utilizando un porto especial que dispoñen para iso.
Topoloxía en estrela
Redes mixtas
É  posible crear unha rede mixta con equipos cableados e equipos inalámbricos.
Para isto utilízase un punto de acceso inalámbrico. Este punto permite conectar ambos tipos de redes. É moi útil para conectar un portátil ou equipo alonxado a unha rede cableada.
REDES MIXTAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario