martes, 28 de enero de 2014

3. configuración dunha rede

Configuración
Unha vez instalados os elementos que compoñen unha rede, o seguinte paso é configurar cada un dos equipos para que a rede comence a funcionar.
Tanto Windows como Linux detectan e configuran automáticamente a rede ao instalarse.
Non obstante, en calquer momento pódese verificar ou modificar esta configuración. Para isto desenrólanse os seguintes pasos:
Windows
1. Entrar no menú Inicio.
2. Facer clic co botón dereito do rato na icona Os meus sitios de rede. Aparecerá a icona que informa sobre o estado da rede de área local.
3. Presionar sobre esta icona co botón dereito do rato e seleccionar propiedades.
4. Facer doble clic sobre
Unha vez seguidos estes pasos, aparece o cadro de diálogo coas propiedades da conexión de área local dende onde se pode configurar parámetros referentes á rede, tales como:
-Nome do equipo.
-Grupo de traballo.
-Máscara de subrede.
-Porta de enlace.
-DNS.

Identificación na rede
Cada un dos equipos que pertencen a unha rede debe ter asignado un Nome distinto.
Á súa vez, estes equipos deben pertencer a un mesmo grupo de traballo que identifica á rede.
Exemplos:
-Grupo de traballo:
     CASA
-Nome dos equipos:
     PC Goyi
     PC Alberto
     PC Portátil

Comprobar o funcionamento da rede
WINDOWS
1. Abrir o menú Inicio e facer clic sobre Os meus sitios de rede. Aparece unha pantalla cos documentos compartidos na rede.
2. Para ver todos os computadores que forman parte da rede, facer clic en Ver equipos do grupo de traballo, mostrándose os equipos conectados á rede neste momento.

Conectarse a unha rede WiFi dende un equipo
Un equipo WiFi conéctase automáticamente á rede que haxa ao seu alcance.
Facendo dobre clic sobre esta icona é posible escoller entre unha das redes inarámicas dispoñibles tendo en conta que as redes con seguridade habilitada requiren un contrasinal.

Coñecer a dirección IP
Para coñecer a IP que ten asignada un equipo na rede, executar o comando:
-Ipconfig, se é baixo Windows.

Ping
Utilízase para verificar a correcta conexión cos outros dispositivos da rede. Ping envía paquetes de datos ao dispositivo especificado por unha dirrección IP.
Hai que comprobar as estadísticas para verificar se os paquetes enviados son entregados ou non.




No hay comentarios:

Publicar un comentario