martes, 4 de febrero de 2014

4. XESTIÓN DE USUARIOS E PERMISOS

Creación de grupos de usuarios
Linux e Windows son sistemas multiusuarios. Isto permite que varios persoas poidan usar o mesmo ordenador para realizar as súas tarefas.
Ambos os dous sistemas operativos xestionan a información asignando contas aos distintos usuarios. Dependendo do tipo de usuario, e os permisos que teña, o sistema permítelle o acceso aos recursos aos que estea autorizado.
Creación de grupos de usuarios

Identificación
Para entrar nun sistema operativo multiusuario solicítase un nome de usuario (login) e un contrasinal (password).
Unha vez introducidos estes datos, o sistema operativo permite o acceso aos recursos que se teñan autorizados dependendo do tipo de usuario.

Identificación


Xestión de contas en Windows
As contas dos usuarios xestiónanse dende Contas de usuario no panel de control.
Pódense crear novas contas, modificar ou eliminar as existentes, etc.

Xestión de contas en Windows

Espazo de traballo
Ao espazo de traballo dun usuario chámaselle Conta de usuario. A cada conta asígnaselle un directorio específico no disco duro onde se almacena toda a información de cada ususario, os seus documentos, favoritos, personalización do escritorio, etc.

Tipos de usuarios
Normalmente no sistema existe un Administrador e o resto son Usuarios.
-Administrador ou root. É o encargado da configuración e mantemento do sistema. Ten acceso e privilexios sobre todos os recursos. Pode instalar ou desinstalar programas ou hardware, xestionar aos usuarios, etc.
-Usuario. É quen utiliza o sistema e ten acceso aos recursos que o administrador lle permite. Non pode cambiar a configuración nin eliminar arquivos esenciais.
-Grupo. Os usuarios asócianse en forma de grupos para facilitar certas tarefas, como compartir recursos. Cada usuario poderá acceder aos seus propios recursos e aos do grupo ao que pertence.

Tipos de usuarios


Adxudicación de permisos en Windows
Para definir, ver, cambiar ou quitar permisos de arquivos e carpetas en Windows:
1. Facer clic co botón dereito do rato no arquivo ou carpeta e seleccionar Propiedades.
2. Seleccionar a pestana Seguridade. Móstrase un listado de todos os grupos ou ususarios que ten dereitos sobre o obxecto.
3. Utilizar o botón Quitar para eliminar os usuarios que non terán acceso, ou ben, Agregar para engadir novos usuarios.
4. Ao seleccionar un grupo ou usuario móstranse os Permisos de ususario de que dispoñen podendo permitirse ou denegar cada un deles.
Se na ventá Propiedades non se mostra a pestana Seguridade:
1. Facer clic en Inicio.
2. Entrar no Panel de control.
3. Seleccionar Aparencia e temas.
4. Entrar en Opcións de carpeta.
5. Na pestana Ver, desactivar a casa Utilizar uso compartido simple de arquivos, que se encontran no apartado Configuración avanzada.

Propiedades de fotos

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O TEMA

No hay comentarios:

Publicar un comentario