lunes, 17 de febrero de 2014

6. CONEXIÓN ENTRE DISPOSITIVOS MÓBILES

Dispositivos móbiles
Os avances tecnolóxicos na miniaturización de dispositivos e a evolución das redes inarámicas levaron cada vez máis á integración na nosa sociedade de dispositivos informáticos pequenos e portátiles. Estes dispositivos caracterízanse por ser móbiles, tendo capacidade de procesamento e comunicación en rede, polo que as posibilidades que ofrece son practicamente infinitas: vixilancia, telefonía, música, fotos, vídeo, etc., en calquera momento e lugar.
Entre os dispositivos móbiles inclúense:
-Ordenadores portátiles.
-Dispositivos de man (handheld), como teléfonos móbiles, asistentes dixitais persoais (PDA), gps, videocámaras, etc.
-Dispositivos que se poden levar postos, como reloxos dixitais con funcionalidades semellantes á dos PDA, pezas de vestir con tecnoloxía implantada, sensores, etc.
-Dispositivos inseridos en aparatos, como vehículos, electrodomésticos, etc.
A facilidade de transporte de moitos destes dispositivos, xunto coa súa capacidade para conectarse axeitadamente a redes en diferentes lugares fai posible a computación móbil e ubicua.


Ordenador portátil

Computación móbil e ubicua
1. Chámase computación móbil á realización de tarefas informáticas mentres o usuario está en movemento ou en lugares distintos do seu ámbito habitual. Isto permite que os usuarios poidan acceder a intranet (de casa ou do traballo) dende calquera lugar e poidan imprimir utilizando a impresora máis próxima.
Unha das características esenciais para o uso de dispositivos móbiles é a súa conexión doada á rede local mediante enlaces inarámicos que poden manterse aínda que haxa movemento (trens, barcos, etc.).
Un dispositivo colocado nun novo ámbito reconfigurar se automaticamente e sen intervención do usuario. Por exemplo, un teléfono móbil detecta de forma automática a nova rede ao viaxar a outro país.
2. Computación ubicua é a integración da información no ámbito dos usuarios utilizando dispositivos móbiles que poidan comunicarse entre eles de forma intelixente e transparente ao usuario. Por exemplo, é posible ver a imaxe da cámara de vixilancia no móbil, ou recibir un aviso cando a lavadora remata.

GPS


Tipos de conexión inarámica
A conexión dos dispositivos móbiles necesita redes de comunicacións inarámicas (wireless networks). Existen diversas tecnoloxías de comunicacións inarámicas. Algunhas das máis utilizadas son:
1. Redes WiFi, son redes de área local inarámica para a conexión de ordenadores.
2. Redes WiMAX, son redes de área metropolitana (uns 50 km) que permiten a conexión por banda ancha de alta velocidade.
3. Redes ad-hoc, permiten a conexión directa de dispositivos entre si, sen necesidade de dispoñer dun punto de acceso que centralice a xestión das comunicacións inarámicas de rede.
4. Comunicación WAP, para comunicacións inarámicas por telefonía móbil.
5. Redes por infravermellos (IR), permiten a comunicación entre dous dispositivos, visibles entre si, utilizando ondas infravermellas.
6. BlueTooth, utilízase para a conexión inarámica de curto alcance (10 metros). Esta tecnoloxía inclúena diversos dispositivos como teclados, iPod, móbiles, impresoras, PDA, cámaras dixitais, auriculares, etc., para intercambiar información.


Redes WiMAX

Adaptadores USB
Para converter algúns dispositivos como PC, portátiles, impresoras, etc., en móbiles pódese usar unha tarxeta inarámica ou un adaptador USB. A vantaxe dos adaptadores USB é que non necesitan montaxe, simplemente conectar o adaptador nun porto USB.

Pen drive

Blackberry
É un dispositivo handheld inarámico co que se poden utilizar os servizos de correo electrónico, telefonía móbil, SMS, navegación web e outros servizos de información inarámicos.

Blackberry

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE EL TEMA

No hay comentarios:

Publicar un comentario