viernes, 7 de febrero de 2014

5. COMPARTIR RECURSOS

Compartir recursos en Windows
Para poder compartir os recursos en rede é necesario que a configuración de rede de área local estea activada a casa Compartir impresoras e arquivos. para iso, dentro de Conexións de rede, facer clic co botón dereito de rato sobre Conexión de área local para ver as súas propiedades.
Compartir carpetas e discos
Para compartir carpetas ou discos os pasos son similares:
1. Pulsar o botón dereito do rato sobre o que se vai a compartir.
2. Seleccionar a opción Compartir e Seguridade.
3. O cadro de diálogo é diferente en función de que estea activado o Uso compartido simple de arquivos ou non. En calquera caso, seleccionar a opción Compartir esta carpeta.
-Na compartición simple, pódese activar a casa Permitir que os usuarios da rede cambien os meus arquivos se se permite este acceso total a ela na rede; de non a marcar só poderá ser lida ou copiada, non modificada.
-Na compartición con permisos, facer clic sobre o botón Permisos para asignar os permisos aos distintos usuarios.
4. Facer clic en Aplicar e Aceptar para que os cambios fagan efecto.
Ao compartir unha carpeta aparece baixo ela unha man. Este é o símbolo que identifica as carpetas compartidas.

Compartir impresoras
No equipo con impresora:
1. Facer clic en Inicio e seleccionar a opción Impresoras e Fax.
2. Pulsar o botón dereito do rato sobre a icona da impresoras e seleccionar a opción Compartir.
3. Activar a casa Compartir impresora.
4. Premer en Aplicar e Aceptar.
5. Visualizarase a icona:



No resto dos equipos:
1. Facer clic en Inicio e seleccionar a opción Impresoras e fax.
2. Facer clic sobre o enlace Agregar unha impresora e iniciarase un Asistente moi sinxelo no que soamente hai que indicar o equipo da rede onde se encontra conectada a impresora a agregar.
3. Visualizarase esta icona:




Compartir recursos baixo diferentes sistemas operativos
É posible traballar, nunha mesma rede, con equipos que teñen diferentes sistemas operativos instalados. Isto conséguese grazas á aplicación SAMBA de Linux.
Dende Windows, accédese aos recursos compartidos noutros equipos, con Windows ou Linux, utilizando o Ámbito de rede e navegando polos diferentes recursos.





MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O TEMA

No hay comentarios:

Publicar un comentario