martes, 14 de enero de 2014

1. Redes Informáticas

Unha rede é un conxunto de ordenadores conectados entre sí que poden compartir datos e recursos. A rede máis simple consta de dous ordenadores e a súa complexidade pode aumentar ata conectar miles de ordenadores en todo o mundo, tal como Internet.

Tipos de redes.
As redes informáticas poden clasificarse según:
Tamaño ou área de cobertura.
1. Redes de área local (LAN, Local Area Networks). Son redes de pequena extensión, como a dun edificio ou unha casa.
2. Redes de área extensa (WAN, Wide Area Networks). Estas redes interconectan equipos xeográficamente dispersos, como unha cidade.

Nivel de acceso ou privacidade.
1. Internet. É unha rede mundial de redes de ordenadores. Caracterízase por ser de acceso público e permitir aos seu usuarios comunicarse e compartir información e servizos en todo o mundo.
2. Intranet. É unha rede local que utiliza ferramentas de Internet, como o correo electrónico. Pódese considerar como unha Internet privada que funciona dentro dunha mesma institución.
3. Extranet. É unha rede privada virtual resultante da interconexión de dous ou máis Intranets utilizando Internet como medio de comunicación.

Equipos nunha rede
As redes locais soen diferenciarse:
1. O servidor. É o ordenador que proporciona recursos compartidos e servizos aos usuarios dunha rede. Os servizos poden ser web, correo electrónico, etc.
2. Os clientes. Son o resto dos equipos conectados á rede. Normalmente estes equipos traballan de forma autónoma accedendo á rede para intercambiar información ou utilizar os recursos ou servizos que ofrece o servidor.

Redes WLAN
Un tipo de redes de área local bastante extensa son redes de Área Local Inalámbricas ou WLAN, Wireless Local Área Networks. Estas redes permiten aos usuarios acceder a información e recursos sen necesidade de estar físicamente conectados a un lugar determinado.

Recurso compartido
É calquer dispositivo, conxunto de datos ou programa que pode compartirse nunha rede. Poden ser recursos compartidos os arquivos, as carpetas, unha base de datos, o disco duro, unha impresora, un lector de DVD, etc.

Conceptos básicos
Cando se traballa con redes é necesario coñecer unha serie de conceptos que son básicos para a súa montaxe, configuración e posterior uso. Algúns de eles son:
1. A comunicación. É o proceso que involucra a un emisor, a unha mensaxe que sera transmitida a través dunha canle e a un receptor.
Nunha rede, os ordenadores son emisores e receptores ao mesmo tempo. A canle é o medio polo que circulan os datos: cables, fibra ópica, ondas, etc.
2. Protocolo. Para que o emisor e o receptor podan entenderse entre sí é necesario que utilicen unha mesma linguaxe. Na informática, a esta linguaxe e conxunto de regras chámaselle protocolo. O máis utilizado é o que emprega Internet e chámase TCP/IP.
3. Dirección IP. É a dirección de rede do ordenador. Cada un dos ordenadores que forman parte da rede identifícase por un número denominado dirección IP. Esta dirección está formada por catro números separados por puntos, cada un dos cales pode tomar valores entre 0 e 255.
4. Máscara de rede. Número similar á dirección IP que determina qué parte da dirección IP especifica ao equipo e qué parte á subrede. Utilízase para crear subredes.
5. Grupo de traballo. Os equipos agrúpanse en subredes para facilitar o seu uso. Para que os equipos dunha rede poidan conectarse entre sí teñen que estar no mesmo grupo de traballo.
6. Porta de enlace ou gateway. É a dirección IP a través do cal sáese da rede local cara ao exterior, xa sexa outra rede ou Internet. Soe ser a IP de router.
7. DNS, Sistemas de Nome por Dominio. As direccións IP son difíciles de recordar para os usuarios. Por iso utilízase o DNS que asocia as direccións IP a un conxunto de palabras máis fáciles de recordar.

Video redes informáticas.
 
Máis información sobre redes informáticas

No hay comentarios:

Publicar un comentario